Slide toggle

Categoría: PUBLICACIÓNS

A FÁBRICA DO PETIRRO desde 1920 por Francisco Márquez Taín.

Ir ao artigo:     FABRICA DO PETIRRO

Breve noticia sobre o órgano no Mosteiro de Aciveiro

Andrés Díaz Pazos

 CPI “Camiño de Santiago” (O Pino)

 

Son ben coñecidas as desgrazas sufridas polo Mosteiro de Aciveiro xa dende antes da exclaustración, que o levaron a perder a meirande parte do seu patrimonio moble e boa parte do inmoble. Unha data especialmente calamitosa foi a do trinta de abril de 1809, cando o paso das tropas francesas, “entre seis y siete de la tarde”, reduxo a cinzas boa parte do mosteiro. Era esa primaveira de 1809 o momento álxido da loita contra as forzas ocupantes, que nalgúns casos empregaronse a fondo na pillaxe e destrución de bens. Polo libro de contas de gastos e preitos do mosteiro, conservado no Arquivo Histórico Nacional, e de onde sacamos os datos para esta pequena reseña, sabemos que na igrexa só “las tres capillas y altares colaterales y mayor” se libraron da queima. E unha das tristes víctimas de tan negra data foi o órgano do mosteiro.[1]

O órgano databa do último terzo do século XVIII, e sabemos del grazas a unha breve noticia, incluída no libro referido no recto do folio 43. É a conta do gastado en obras dende o 15 de abril do 1776 até igual día do 1777, na que se recolle a seguinte anotación: “Organo. Se hizo uno nuevo y se ajusto con caxa venir asentarle y conducirle en nuevemil, y seiscientos reales”. A continuación desta anotación inclúese unha relativa a un libro de coro, contendo treinta e sete misas, por un importe de 1200 reais, incluído o seu transporte até o mosteiro.

Aínda que a noticia sobre o órgano é ben curta, podemos dela tirar algúnas conclusións bastantes seguras. En primeiro lugar relativo ao tipo de órgano que era, o cal o podemos deducir do seu custe. É unha cantidade modesta que apunta a un pequeno órgano, dos chamados “realejos”, con catro ou cinco rexistros. Outra característica deste tipo de organos pequenos era que a parte máis grave do teclado non soaba na oitava que lle correspondía, senón nunha oitava máis aguda, xa que os canos que produce un son na oitava real desa parte do teclado, son demasiado grandes e non collen na caixa destes pequenos instrumentos. Para facermos unha idea de como podería ser este instrumento, adxuntamos unha imaxe do realexo do Santuario de Nosa Señora dos Desamparados en Abades, Silleda. Deste instrumento publicamos un artigo na revista ADRA, do Museo do Pobo Galego, e que senta curiosidade polas características destes instrumentos pode atopar alí máis información.[2]

Polo que respecta ao lugar de construción do instrumento, sen dúbida trátase de Compostela. A cidade era dende o século XVI, como pouco, o lugar de residencia de competentes organeiros, que subministraban e amañaban órganos nos moitos centros relixiosos que había nela e tamén e polo resto do Reino. Nesas datas estaban activos en Santiago dúas familias de organeiros. Por un lado os de la Peña, Alberto e Felipe, pai e fillo. Precisamente Felipe é o autor do órgano de Abades. Por outro lado estaba o organeiro da catedral, Melchor Antonio González Maldonado, que amáis de coidar dos organos catedralicio tamén acometía outras obras por encargo e na altura era ás veces axudado polo seu fillo, José Benito González de Seixas.

Andrés Díaz Pazos, é un musicólogo , na actualidade profesor de Ensino Secundario no CPI “Camiño de Santiago” (O Pino). Licenciado e doutor en Ciencias Físicas pola USC, investigador post doutoral na Universidade de Cambridge. Dende o ano 1998 investiga e colabora en proxectos sobre a historia da ciencia e o patrimonio instrumental, didáctico e documental científico, participando no proxecto de inventarios e catalogación dese material en  Galicia (USC, 1998). No ano 2008 colabora no proxecto de catalogación de órganos de Galicia. Proxecto no que continúa,  froito deste traballo é esta noticia sobre o órgano existente neste Monasterio de Aciveiro

[1] Archivo Histórico Nacional, Clero Secular Regular L9917, “Cuentas de gastos en obras y pleitos” .

[2] Andrés Díaz Pazos e Mª Belén Bermejo López, “O órgano do santuario de Nosa Señora dos Desamparados de Abades e algunhas notas sobre a súa historia até os nosos días”. ADRA, Revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego, Nº9 (2014).

 


[1] Archivo Histórico Nacional, Clero Secular Regular L9917, “Cuentas de gastos en obras y pleitos” .

[1] Andrés Díaz Pazos e Mª Belén Bermejo López, “O órgano do santuario de Nosa Señora dos Desamparados de Abades e algunhas notas sobre a súa historia até os nosos días”. ADRA, Revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego, Nº9 (2014).

Catastro de Ensenada

Interrogatorios. Catastro de Ensenada (1752)

Documento 1 – Interrogatorios. Catastro de Ensenada (1752)

 

Localidad Actual

Localidad Antigua Entidad Principal Provincia Actual Provincia Antigua Entidades Menores / Observaciones
A Madanela de Monte (Forcarey) / Aciveiro / Figueiroa / Quireza / Pedre / Folgoso (Cercedo) / Ventoxo (Forcarey) Santa Maria Magdalena de Montes Santa Maria Magdalena de Montes Pontevedra Santiago Jurisdicción de Santa María Magadalena de Montes. Feligresías de Santa María de Acebeiro, San Martín de Figueroa, San Thomé de Quireza, San Estevan de Pedre, Santa María de Folgoso, San Nicolás de Benitoxo.

 

Localidad Actual Localidad Antigua Entidad Principal Provincia Actual Provincia Antigua Entidades Menores / Observaciones
Beariz / Cerdedo / Caroy / Castelo / Girazga / Parada / Tomonde / Millerada / Forcarey / Castro / Lebozán / Meavia / Pereiras / Quintillán / Bugarín / Dosiglesias Soto de Montes Beariz Orense Santiago San Juan de Cerdedo y su anexo Santiago Caroy; Santa Mariña de Castelo, San Salvador de Girarga, San Pedro de Parada, Santiago Pardesta, San Miguel de Pesqueiras, Santa Marina de Thomonde, San Mamed de Millerada, Santa Eullalia de Castro, San Martin de Forcarey, Santa Maria de Beariz, Santa Cruz de Lebozan, San Juan de Meabia, San Bartolome de Pereiras, San Pedro de Quintillan, Santa Maria de dos Iglesias, el lugar de Porto a Martiño y Bugarin

La Tierra de Montes en la Época Moderna. Permanencias y cambios en una sociedad rural

Artigo 2.  Fernández Cortizo, C., “La Tierra de Montes en la Época Moderna. Permanencias y cambios en una sociedad rural”, en Obradoiro de Historia Moderna, 11 (2002), pp. 247-288

Neveras y cosecha de nieve en Galicia (siglos XVII-XVIII)

Artigo 1. Fernández Cortizo, C., “Neveras y cosecha de nieve en Galicia (siglos XVII-XVIII)”, en Obradoiro de Historia Moderna, 5 (1996), pp. 41-66.

El monasterio de Santa María de Acibeiro (1135-1835)

Fernández Cortizo, C., “El monasterio de Santa María de Acibeiro (1135-1835)”, en Yáñez Neira, D. (ed.), Monasticon Cisterciense gallego Vigo, Caixa Vigo e Orense, 2000, pp. 152-187

Donación do rei D. Fernando II

Donación do rei D. Fernando II, en 1176, da outra metade de Terra de Montes a Igrexa de Santiago.

López Ferreiro, A., Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela, Imp. y Enc. del Seminario Conciliar Central 1901, Tomo IV, Apéndices, pp. 120-122.

Donación da raiña Dª. Urraca

Donación da raiña Dª. Urraca, en 1115, da metade de Terra de Montes a Igrexa de Santiago

López Ferreiro, A., Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela, Imp. y Enc. del Seminario Conciliar Central 1900, Tomo III. Apendices, pp. 95-96.