Slide toggle

Categoría: FORO

12 SETEMBRO | FORCAREI: Cuarteto de corda da ORQUESTRA 430 DE VIGO. Mosteiro de Aciveiro: 19.00 h

O 12 de setembro celebrouse no claustro do MOSTEIRO DE ACIVEIRO, un concerto clásico de corda a cargo do cuarteto 430 de Vigo. O noso agradacemento a Deputación de Pontevedra e o Concello de Forcarei.

 

CULTURGAL.

A Asociación foi convidada a presentar, na caseta da Deputación Provincial de Pontevedra e no apartado ” Micropresentacións dos concellos da provincia de Pontevedra“, a memoria de actividades de 2019.

VÍDEO ACIVEIRO. IX SÉCULOS DE HISTORIA

Exposición Parcelas interiores de Basilisa Fiestras, sala de exposicións Mosteiro de Aciveiro

 Permanecerá aberta ao público dende o día 8 de setembro ata o 20 de outubro.

APERTURA: SÁBADO, DOMINGO E FESTIVOS

HORARIO: 11:00-13:30H.   17:00-19:30H.

VISITAS GUIADAS TERCEIRO DOMINGO DE MES, DENDE MAIO ATA OUTUBRO.

CADA TERCEIRO DOMINGO DE MES, DENDE MAIO ATA OUTUBRO, REALIZARANSE, A CARGO DE MANUEL VILLAVERDE OU CAMILO FERNÁNDEZ CORTIZO,   VISITAS GUIADAS POLA IGREXA E O RECINTO MONÁSTICO.

HORA: 17: 00

PROGRAMACIÓN CULTURAL DO VERÁN. AGOSTO 2019. EXPOSICIÓNS: A ARTE NAS POSTAIS ANTIGAS de Xosé María Barreiro e OBRA EN MADEIRA de Vicente Cortizo

ESTE 4 DE AGOSTO, A ASOCIACIÓN AMIGOS DO MOSTEIRO DE ACIVEIRO E TERRA DE MONTES, ACABA  DE INAUGURAR UNHA EXPOSICIÓN QUE COMBINA A MOSTRA DE POSTAIS PINTADAS DA COLECCIÓN DO PINTOR JOSÉ MARÍA BARREIRO GÓMEZ E PEZAS DE ESCULTURA EN MADEIRA DE VICENTE CORTIZO.

A MOSTRA PERMANECERÁ ABERTA AO PÚBLICO TODO O MES DE AGOSTO. 
APERTURA: SÁBADO, DOMINGO E FESTIVOS.
HORARIO: 11:00 – 13: 30 H.
                    17:00 – 19:30 H.

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA ” DE ONTE A HOXE”

DENTRO DA PROGRAMACIÓN CULTURAL DO VERÁN ( XULLO 2019).   A ASOCIACIÓN AMIGOS DO MOSTEIRO DE ACIVEIRO  E TERRA DE MONTES VÉN DE REALIZAR UNHA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA ” DE ONTE A HOXE”.  A MOSTRA RECOPILA 40 IMAXES DENDE A PRIMEIRA DÉCADA DO SÉCULO XX ATA A ACTUALIDADE.

Día Internacional do Patrimonio Mundial Cultural e Material

A Asociación de Amigos do Mosteiro de Aciveiro e Terra de Montes celebrou o sábado 17 de novembro o Día Internacional do Patrimonio Mundial Cultural e Material realizando unha visita guiada e comentada polas instalacións do conxunto monástico, Igrexa e Mosteiro de Aciveiro que, ao longo de VII séculos (1135-1835), foi o maior expoñente cultural destas terras. Dita visita foi dirixida, non só aos veciños/as de Aciveiro  e  Terra de Montes, senon a todas aquelas persoas que desexaron acompañarnos neste percorrido histórico.

 

Enlace imaxes visita guiada: https://goo.gl/KgdE9J

Día Internacional do Patrimonio Mundial Cultural e Material

Día Internacional do Patrimonio Mundial Cultural e Material

A Asociación de Amigos do Mosteiro de Aciveiro e Terra de Montes pretende celebrar o Día Internacional do Patrimonio Mundial Cultural e Material o próximo día 17 de novembro ás 17:00 horas cunha visita guiada e comentada polas instalacións do conxunto monástico, igrexa e mosteiro que, ao longo de VII séculos (1135-1835), foi o maior expoñente cultural destas terras. Dita visita vai dirixida, non só aos veciños/as de Aciveiro e Terra de Montes, senón a todas aquelas persoas que desexen acompañarnos neste percorrido histórico.

¡Esperamos a súa asistencia!

Exposición Xosé María Barreiro

Exposición Xosé María Barreiro. Obra Gráfica / Xosé Antonio Lalín.

Exposición Xosé María Barreiro. Obra Gráfica / Xosé Antonio Lalín.  Forxa, na Sala de Exposicións do Mosteiro de Aciveiro (Forcarei).

 

O vindeiro sábado, día 8 de  setembro, ás 11:30 H., será inaugurada, na Sala de Exposicións do Mosteiro de Aciveiro (Forcarei) a Exposición Xosé María Barreiro. Obra Gráfica / Xosé Antonio LalínForxa, organizada pola Asociación de Amigos  do Mosteiro de Aciveiro e Terra de Montes e coordinada, na súa condición de Comisario, por Manuel Villaverde Doval.

 

Exposición Xosé María Barreiro

 

O acto contará coa participación de ambos artistas, nacidos no concello de Forcarei. O primeiro deles, pintor e escultor, a mostra reúne 20  serigrafías; o segundo, mestre  forxador, un total de sete pezas en metal.

 

Permanecerá aberta, desde o 8 de setembro ata o 14 de outubro, venres, sábado e domingo, de 10:00 H. a 13:00 H. e de 16:30 H. a 19:00 H.

 

Exposición Xosé María Barreiro