Slide toggle

INFORMACIÓN CONCERTO DÍA 12 DE SETEMBRO

         O día 12 de  setembro, ás 19:00 H., organizado  pola Excma.  Deputación de Pontevedra, está programado un concerto de música de cámara no recinto do mosteiro de Aciveiro:

         Intérpretes: Cuarteto de corda da Orquestra Vigo 430

         Programa: Cuarteto  Op. 76 Nº 4 (” Sunrise”, Amencer).  J. Haydn

                                  Op. 96 (“Cuarteto americano”). A.  Dvoř ák

         Aqueles/as socios/as que desexen asistir ao concerto poderán solicitalo, antes do día 30 de Agosto, na dirección e-mail: amigosaciveiromontes@gmail.com   Asunto: Concerto. A Asociación tratará de  xestionar  as solicitudes  coa empresa organizadora.

INFORMACIÓN DOS TRES CONCERTOS DO CUARTETO DE CORDA DA 430 DE VIGO
Intérpretes: Sara Areal (violín I), Andrea Rubio (violín II), Javier Escobar (viola) e
Isabel Figueroa (violoncello).
O cuarteto de corda da Orquestra Vigo 430 traeranos nestes concertos dúas
obras mestras deste xénero da música de cámara, como son o cuarteto Op.76
Nº 4 de Haydn, apodado “Sunrise” (Amencerl) e o Op. 96 de Dvořák, máis
coñecido polo sobrenome de “Cuarteto americano”.
O cuarteto de Haydn debe o seu nome aos seus primeiros compases, un dos
máis extraordinarios comezos de todo o repertorio camerístico. Sendo Haydn
realmente o creador do formato do cuarteto de corda, esta é unha das súas
obras máis acabadas, o que é dicir realmente moito.
Franz Joseph HAYDN (1732-1809). Cuarteto en si bemol maior, op.76 nº4
(Hob.III.78) “Amencer”
1. Allegro con spirito
2. Adagio
3. Menuetto (Allegro)
4. Allegro ma non troppo
O cuarteto de Dvořák é a máis célebre partitura camerística do compositor
checo. Ten a particularidade de que a compuxo durante a súa estancia no
estado americano de Iowa, moi influído polo folclore circundante a pesar de
non ocultar as súas raíces bohemias.
Antonin Dvořák (1841-1904). Cuarteto nº 12, en fa maior, “Americano” op.96,
B.179
1. Allegro ma non troppo
2. Lento
3. Molto vivace
4. Vivace ma non troppo

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.