Etiqueta: directiva
Asociación O Can de San Roque
A subida ao Costoia sigue o trazado que facían os arrieiros procedentes do Ribeiro que iban cara Santiago. Desde a súa cima poderedes disfrutar dunhas vistas espectaculares.
Esta é unha ocasión perfecta para visitar a Terra de Montes onde disfrutaredes do noso patrimonio, da nosa paisaxe e da nosa gastronomía.
Tamén podedes facer o roteiro das tapas en Soutelo de Montes e visitar o Centro Etnográfico situado na localidade con pezas senlleiras da nosa tradición agraria. Non esquezades unha parada o obrigatoria na visita a esta comarca como é o Mosteiro de Aciveiro á beira da Serra do Candán.
Presentación Páxina Web
A Asociación Amigos do Mosteiro de Aciveiro e Terra de Montes inaugura a súa páxina web, aproveitando a ocasión para dar a benvida aos socios/as e aos usuarios/as da mesma.
Nace cunha vocación informativa, de ser o voceiro e o noticiario da Asociación, dos seus proxectos, reunións e actividades, pero tamén da historia actual de Terra de Montes. Nace, así mesmo, co compromiso de crear un foro de contactos e de colaboración con outras asociacións veciñais, empresariais, profesionais, culturais, etc. da Terra de Montes e, finalmente, de proporcionar un espazo de activa participación aos seus socios e usuarios, na consecución dos fins da Asociación, que non son outros que a conservación e a mellora do patrimonio histórico e artístico comarcal, a dinamización social e cultural, a divulgación do seu patrimonio material e inmaterial, da súa historia pasada, pero tamén da cotiá do presente. Benvidos todos, coa confianza da recentemente renovada Xunta Directiva da vosa colaboración.
Comentarios recientes