Autor: amigos aciveiro montes
EXPOSICIÓN ” ÁLBUM NÓS POR CASTELAO”
O sábado, día 3 de setembro, ás 12:30 H., na Sala de Exposicións do mosteiro de Aciveiro terá lugar o acto de inauguración da Exposición “Álbum Nós por Castelao”.
Poderá visitarse sábados e domingos, desde o día 3 de setembro ata o 16 de outubro, en horario de 11:00 a 13:00H, e de 17:00 a 19:00H.
VISITAS GUIADAS XULLO, AGOSTO, SETEMBRO E OUTUBRO.
VISITAS GUIADAS Á IGREXA E ENTORNO, OS TERCEIROS DOMINGOS DE XULLO, AGOSTO, SETEMBRO E OUTUBRO.
HORARIO: 17 a 19 horas.
VISITA GUIADA
Todos os sábados e domingos ata o 12 outubro ás 13h, agás coincidencia con cerimonia litúrxica, efectuarase unha visita guiada á igrexa de Santa Maria de Aciveiro.
EXPOSICIÓN AS MARCAS NA PEDRA
Queda aberta ao público a exposición AS MARCAS NA PEDRA, no Mosteiro de Aciveiro. Poderá visitarse os sábados e domingos de 11 a 13 e de 17 a 19 horas. Entrada de balde. Lugar: Sala de Exposicións.
12 SETEMBRO | FORCAREI: Cuarteto de corda da ORQUESTRA 430 DE VIGO. Mosteiro de Aciveiro: 19.00 h
O 12 de setembro celebrouse no claustro do MOSTEIRO DE ACIVEIRO, un concerto clásico de corda a cargo do cuarteto 430 de Vigo. O noso agradacemento a Deputación de Pontevedra e o Concello de Forcarei.
CULTURGAL.
A Asociación foi convidada a presentar, na caseta da Deputación Provincial de Pontevedra e no apartado ” Micropresentacións dos concellos da provincia de Pontevedra“, a memoria de actividades de 2019.
VISITAS GUIADAS TERCEIRO DOMINGO DE MES, DENDE MAIO ATA OUTUBRO.
CADA TERCEIRO DOMINGO DE MES, DENDE MAIO ATA OUTUBRO, REALIZARANSE, A CARGO DE MANUEL VILLAVERDE OU CAMILO FERNÁNDEZ CORTIZO, VISITAS GUIADAS POLA IGREXA E O RECINTO MONÁSTICO.
Comentarios recientes