Slide toggle

Autor: admin

Día Internacional do Patrimonio Mundial Cultural e Material

A Asociación de Amigos do Mosteiro de Aciveiro e Terra de Montes celebrou o sábado 17 de novembro o Día Internacional do Patrimonio Mundial Cultural e Material realizando unha visita guiada e comentada polas instalacións do conxunto monástico, Igrexa e Mosteiro de Aciveiro que, ao longo de VII séculos (1135-1835), foi o maior expoñente cultural destas terras. Dita visita foi dirixida, non só aos veciños/as de Aciveiro  e  Terra de Montes, senon a todas aquelas persoas que desexaron acompañarnos neste percorrido histórico.

 

Enlace imaxes visita guiada: https://goo.gl/KgdE9J

Día Internacional do Patrimonio Mundial Cultural e Material

Día Internacional do Patrimonio Mundial Cultural e Material

A Asociación de Amigos do Mosteiro de Aciveiro e Terra de Montes pretende celebrar o Día Internacional do Patrimonio Mundial Cultural e Material o próximo día 17 de novembro ás 17:00 horas cunha visita guiada e comentada polas instalacións do conxunto monástico, igrexa e mosteiro que, ao longo de VII séculos (1135-1835), foi o maior expoñente cultural destas terras. Dita visita vai dirixida, non só aos veciños/as de Aciveiro e Terra de Montes, senón a todas aquelas persoas que desexen acompañarnos neste percorrido histórico.

¡Esperamos a súa asistencia!

Breve noticia sobre o órgano no Mosteiro de Aciveiro

Andrés Díaz Pazos

 CPI “Camiño de Santiago” (O Pino)

 

Son ben coñecidas as desgrazas sufridas polo Mosteiro de Aciveiro xa dende antes da exclaustración, que o levaron a perder a meirande parte do seu patrimonio moble e boa parte do inmoble. Unha data especialmente calamitosa foi a do trinta de abril de 1809, cando o paso das tropas francesas, “entre seis y siete de la tarde”, reduxo a cinzas boa parte do mosteiro. Era esa primaveira de 1809 o momento álxido da loita contra as forzas ocupantes, que nalgúns casos empregaronse a fondo na pillaxe e destrución de bens. Polo libro de contas de gastos e preitos do mosteiro, conservado no Arquivo Histórico Nacional, e de onde sacamos os datos para esta pequena reseña, sabemos que na igrexa só “las tres capillas y altares colaterales y mayor” se libraron da queima. E unha das tristes víctimas de tan negra data foi o órgano do mosteiro.[1]

O órgano databa do último terzo do século XVIII, e sabemos del grazas a unha breve noticia, incluída no libro referido no recto do folio 43. É a conta do gastado en obras dende o 15 de abril do 1776 até igual día do 1777, na que se recolle a seguinte anotación: “Organo. Se hizo uno nuevo y se ajusto con caxa venir asentarle y conducirle en nuevemil, y seiscientos reales”. A continuación desta anotación inclúese unha relativa a un libro de coro, contendo treinta e sete misas, por un importe de 1200 reais, incluído o seu transporte até o mosteiro.

Aínda que a noticia sobre o órgano é ben curta, podemos dela tirar algúnas conclusións bastantes seguras. En primeiro lugar relativo ao tipo de órgano que era, o cal o podemos deducir do seu custe. É unha cantidade modesta que apunta a un pequeno órgano, dos chamados “realejos”, con catro ou cinco rexistros. Outra característica deste tipo de organos pequenos era que a parte máis grave do teclado non soaba na oitava que lle correspondía, senón nunha oitava máis aguda, xa que os canos que produce un son na oitava real desa parte do teclado, son demasiado grandes e non collen na caixa destes pequenos instrumentos. Para facermos unha idea de como podería ser este instrumento, adxuntamos unha imaxe do realexo do Santuario de Nosa Señora dos Desamparados en Abades, Silleda. Deste instrumento publicamos un artigo na revista ADRA, do Museo do Pobo Galego, e que senta curiosidade polas características destes instrumentos pode atopar alí máis información.[2]

Polo que respecta ao lugar de construción do instrumento, sen dúbida trátase de Compostela. A cidade era dende o século XVI, como pouco, o lugar de residencia de competentes organeiros, que subministraban e amañaban órganos nos moitos centros relixiosos que había nela e tamén e polo resto do Reino. Nesas datas estaban activos en Santiago dúas familias de organeiros. Por un lado os de la Peña, Alberto e Felipe, pai e fillo. Precisamente Felipe é o autor do órgano de Abades. Por outro lado estaba o organeiro da catedral, Melchor Antonio González Maldonado, que amáis de coidar dos organos catedralicio tamén acometía outras obras por encargo e na altura era ás veces axudado polo seu fillo, José Benito González de Seixas.

Andrés Díaz Pazos, é un musicólogo , na actualidade profesor de Ensino Secundario no CPI “Camiño de Santiago” (O Pino). Licenciado e doutor en Ciencias Físicas pola USC, investigador post doutoral na Universidade de Cambridge. Dende o ano 1998 investiga e colabora en proxectos sobre a historia da ciencia e o patrimonio instrumental, didáctico e documental científico, participando no proxecto de inventarios e catalogación dese material en  Galicia (USC, 1998). No ano 2008 colabora no proxecto de catalogación de órganos de Galicia. Proxecto no que continúa,  froito deste traballo é esta noticia sobre o órgano existente neste Monasterio de Aciveiro

[1] Archivo Histórico Nacional, Clero Secular Regular L9917, “Cuentas de gastos en obras y pleitos” .

[2] Andrés Díaz Pazos e Mª Belén Bermejo López, “O órgano do santuario de Nosa Señora dos Desamparados de Abades e algunhas notas sobre a súa historia até os nosos días”. ADRA, Revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego, Nº9 (2014).

 


[1] Archivo Histórico Nacional, Clero Secular Regular L9917, “Cuentas de gastos en obras y pleitos” .

[1] Andrés Díaz Pazos e Mª Belén Bermejo López, “O órgano do santuario de Nosa Señora dos Desamparados de Abades e algunhas notas sobre a súa historia até os nosos días”. ADRA, Revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego, Nº9 (2014).

Conmemoración do día das Letras Galegas

A ASOCIACIÓN AMIGOS DO MOSTEIRO DE ACIVEIRO E TERRA DE MONTES CONMEMORA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

A Asociación Amigos  do  Mosteiro de Aciveiro e Terra de Montes conmemora o Día das Letras Galegas 2018 coa publicación, na súa recentemente estreada páxina web, cunha semblanza biográfica e literaria de Xosé Otero Espasandín (1900-1987), natural de Sta.  Baia de Castro (Cerdedo). Mestre de profesión e “misioneiro” nas Misións Pedagóxicas en Galicia (1933 e 1935), poeta, ensaísta, articulista en xornais e revistas, foi ademais no seu longo exilio recoñecido autor de obras de divulgación científica, tradutor e editor. Amigo de Rafael Dieste, Manuel Colmeiro, Luís Seoane, etc. viviu exiliado cincuenta e dous anos, en Inglaterra, Arxentina, Estados Unidos, ata a súa morte en Washington en 1987, sen retornar ao seu Castro natal.

Xose X. Otero Espasandin. Fonte: Rossi, Attilio, 10 dibujos. Editorial Noval, Buenos Aires, imp. 1943.jpg

Xose X. Otero Espasandin. Fonte: Pereira, D., “José Ferreiro Espasandín”, en Baliñas Fernández, C. A. (coord.), O Val de Quireza. Un recanto da provincia de Pontevedra. Deputación nde Pontevedra, Pontevedra, 2015, p. 132.

A conmemoración complétase coa publicación dun relato inédito de Rita Barreiro  Ferreira, natural de  Sorribas (Forcarei). É autora principalmente de relatos curtos, algúns deles premiados en concursos literarios (IES San Clemente-Santiago)  e publicados en  Cotaredo. Revista Cultural  do  Concello de Forcarei.

Rita Barreiro Ferreira

Rita Barreiro Ferreira

Catastro de Ensenada

Interrogatorios. Catastro de Ensenada (1752)

Documento 1 – Interrogatorios. Catastro de Ensenada (1752)

 

Localidad Actual

Localidad Antigua Entidad Principal Provincia Actual Provincia Antigua Entidades Menores / Observaciones
A Madanela de Monte (Forcarey) / Aciveiro / Figueiroa / Quireza / Pedre / Folgoso (Cercedo) / Ventoxo (Forcarey) Santa Maria Magdalena de Montes Santa Maria Magdalena de Montes Pontevedra Santiago Jurisdicción de Santa María Magadalena de Montes. Feligresías de Santa María de Acebeiro, San Martín de Figueroa, San Thomé de Quireza, San Estevan de Pedre, Santa María de Folgoso, San Nicolás de Benitoxo.

 

Localidad Actual Localidad Antigua Entidad Principal Provincia Actual Provincia Antigua Entidades Menores / Observaciones
Beariz / Cerdedo / Caroy / Castelo / Girazga / Parada / Tomonde / Millerada / Forcarey / Castro / Lebozán / Meavia / Pereiras / Quintillán / Bugarín / Dosiglesias Soto de Montes Beariz Orense Santiago San Juan de Cerdedo y su anexo Santiago Caroy; Santa Mariña de Castelo, San Salvador de Girarga, San Pedro de Parada, Santiago Pardesta, San Miguel de Pesqueiras, Santa Marina de Thomonde, San Mamed de Millerada, Santa Eullalia de Castro, San Martin de Forcarey, Santa Maria de Beariz, Santa Cruz de Lebozan, San Juan de Meabia, San Bartolome de Pereiras, San Pedro de Quintillan, Santa Maria de dos Iglesias, el lugar de Porto a Martiño y Bugarin

Recente renovación do Consello Reitor da Cooperativa COAFOR

Coafor Sociedade Cooperativa Galega inicia a súa actividade como cooperativa no ano 1.992. Antes desta data, os gandeiros do concello de Forcarei estabamos agrupados en torno a unha asociación que se conformaba por explotacións exclusivamente do noso concello. Logo de case tres décadas de traballo continuado, a inmensa maioría de gandeiros de Forcarei son socios da cooperativa. A nosa forma de traballar, de dar soporte e apoio aos gandeiros, permitiu que na actualidade Coafor se expandise aos concellos limítrofes da Estrada e Silleda onde conta xa cun importante número de socios e explotacións.

O éxito de Coafor vén da súa propia idiosincrasia que se basa na defensa dos intereses dos gandeiros aos que agrupa. Deste modo Coafor tén como obxectivo a realización de todo tipo de operacións encamiñadas a mellorar o aproveitamento das explotacións dos seus socios, a mellora da súa renda e da súa calidade de vida. Deste modo, a fortaleza dunha organización como Coafor, é un piar fundamental no progreso socioeconómico e medioambiental do concello de Forcarei; dado que permite que o sector agropecuario continúe sendo un motor económico importante no noso concello, que posibilite a instalación de novas explotacións e fixe poboación, ademais da importante labor que os gandeiros fan na preservación e coidado do noso territorio en termos medioambientais.

Como organización dinámica e democrática, fomentamos a participación a homes e mulleres nos órganos de dirección de Coafor para que entre todos poidamos manter esta plataforma viva e fresca. Froito destes procesos, recentemente renovamos o noso Consello Reitor que está conformado por 8 gandeiros que preside na actualidade Eligio García Rodríguez.

Asociación O Can de San Roque

A Asociación O Can de San Roque organiza unha andaina para o venres festa Semana Santa.

A subida ao Costoia sigue o trazado que facían os arrieiros procedentes do Ribeiro que iban cara Santiago. Desde a súa cima poderedes disfrutar dunhas vistas espectaculares.

Esta é unha ocasión perfecta para visitar a Terra de Montes onde disfrutaredes do noso patrimonio, da nosa paisaxe e da nosa gastronomía.

Tamén podedes facer o roteiro das tapas en Soutelo de Montes e visitar o Centro Etnográfico situado na localidade con pezas senlleiras da nosa tradición agraria. Non esquezades unha parada o obrigatoria na visita a esta comarca como é o Mosteiro de Aciveiro á beira da Serra do Candán.

Directiva Amigos do Mosteiro de Aciveiro e Terras de Montes

Presentación Páxina Web

A Asociación Amigos do Mosteiro de Aciveiro e Terra de Montes inaugura a súa páxina web, aproveitando a ocasión para dar a benvida aos socios/as e aos usuarios/as da mesma.

Nace cunha vocación informativa, de ser o voceiro e o noticiario da Asociación, dos seus proxectos, reunións e actividades, pero tamén da historia actual de Terra de Montes. Nace, así mesmo, co compromiso de crear un foro de contactos e de colaboración con outras asociacións veciñais, empresariais, profesionais, culturais, etc. da Terra de Montes e, finalmente, de proporcionar un espazo de activa participación aos seus socios e usuarios, na consecución dos fins da Asociación, que non son outros que a conservación e a mellora do patrimonio histórico e artístico comarcal, a dinamización social e cultural, a divulgación do seu patrimonio material e inmaterial, da súa historia pasada, pero tamén da cotiá do presente. Benvidos todos, coa confianza da recentemente renovada Xunta Directiva da vosa colaboración.

La Tierra de Montes en la Época Moderna. Permanencias y cambios en una sociedad rural

Artigo 2.  Fernández Cortizo, C., “La Tierra de Montes en la Época Moderna. Permanencias y cambios en una sociedad rural”, en Obradoiro de Historia Moderna, 11 (2002), pp. 247-288

Neveras y cosecha de nieve en Galicia (siglos XVII-XVIII)

Artigo 1. Fernández Cortizo, C., “Neveras y cosecha de nieve en Galicia (siglos XVII-XVIII)”, en Obradoiro de Historia Moderna, 5 (1996), pp. 41-66.