Slide toggle

Quen somos

Asociación Amigos do Mosteiro de Aciveiro e Terra de Montes

Nosos Obxetivos

A Asociación Amigos do Mosteiro de Aciveiro e Terra de Montes ten como fins a conservación, a recuperación e a divulgación do patrimonio material e inmaterial da Terra de Montes e a dinamización social e cultural da comarca.
A través desta plataforma online e das redes sociais informaremos dos proxectos, reunións e actividades, así como da memoria histórica, cultural e etnográfica da Terra de Montes, tanto do pasado como do presente. Así mesmo, nace co compromiso de crear un foro de contactos e de colaboración con outras asociacións veciñais, empresariais, profesionais, culturais, etc. da Terra de Montes e, finalmente, de proporcionar un espazo de activa participación aos seus soci@s e usuari@s.
Directiva Amigos do Mosteiro de Aciveiro e Terras de Montes

Xunta Directiva:

Camilo Fernández Cortizo - Presidente
Camilo Fernández Cortizo

Presidente

Ana Mª López Villaverde - Vicepresidenta
Ana Mª López Villaverde

Vicepresidenta

María da Concepción Vidal Trotiño - Trotiño
Mª Concepción Vidal Trotiño

Secretaria

Francisco Raíndo Flórez - Tesoreiro
Francisco Raíndo Flórez

Tesoreiro

Verónica Pichel Guisande - Coordinadora
Verónica Pichel Guisande

Coordinadora

María José Trotiño López - Vogal
María José Trotiño López

Vogal

Manuel Villaverde Doval - Vogal
Manuel Villaverde Doval

Vogal

José Ramón Pérez Salgado - Vogal
José Ramón Pérez Salgado

Vogal

Gonzalo Gómez Rei - Vogal
Gonzalo Gómez Rey

Vogal

Manuel Reboredo Tajes - Vogal
Manuel Reboredo Tajes

Vogal

Historia da Asociación

ASOCIACIÓN AMIGOS DO MOSTEIRO DE ACIVEIRO E TERRA DE MONTES

Inscrita no Rexistro Provincial de Asociacións de Pontevedra, nº 210.
Inscrita no Censo de Asociacións e Entidades Culturais de Galicia. Código de Identificación A-03-36/PO-418, libro 1, nº 1.372 (12 de xullo de 1990).
PRESIDENTES:

Francisco Filgueiras Gulias (1974-1996)

Xosé Luis Barreiro Rivas (1996-2017)

A Asociación Amigos do Mosteiro de Aciveiro e Terra de Montes, promovida por D. Francisco Filgueiras Gulias, o seu primeiro presidente, nace por documento fundacional asinado no 12 de xaneiro de 1974. Nos seus primeiros Estatutos, visados no 5 de marzo do mesmo ano, delimitábase o ámbito territorial de actuación á “Comarca tradicionalmente denominada Terra de Montes na provincia de Pontevedra” e, así mesmo, establecíanse como principais fins “a conservación, consolidación, restauración” e promoción turística do mosteiro de Aciveiro e, en xeral, do patrimonio histórico e arqueolóxico de Terra de Montes, e, finalmente, “a promoción cultural e artística dos seus habitantes”.

Anos despois, estes obxectivos eran ampliados e adaptados, na modificación dos Estatutos aprobada no 18 de marzo de 1993, ás bases do Plan de Investigación, Promoción e Desenvolvemento de Terra de Montes e do Proxecto da Escola-Taller aprobado por Resolución do 17 de novembro de 1992, engadíndose os seguintes:

Investigación e análise rigorosos das posibilidades que ofrecen os recursos naturais, históricos e humanos de Terra de Montes.

Promoción de acción culturais de formación profesional e do exercicio de profesións a persoas marxinadas e discapacitadas.

Apoio de toda clase de actividades culturais, ocupacionais e recreativas conducentes a mellorar as condicións de vida da poboación infantil e da terceira idade.

Fomento da igualdade de oportunidades en todos os campos para homes e mulleres, con especial atención á poboación feminina do mundo rural.

Na última reforma dos Estatutos en 2004 recuperábanse de novo os fins orixinais, agregándose o da creación dun arquivo e biblioteca sobre Terra de Montes.

Entre as actuacións da Asociación, promovidas polo seu primeiro presidente, D. Francisco Filgueiras Gulias e continuadas polo seu sucesor, D. Xosé Luis Barreiro Rivas, dúas son sen dúbida as máis sobresalientes. A primeira delas concluíu o proxecto de reconstrución e de acondicionamento do edificio monástico e anexos, declarado en 1931 Monumento Histórico Artístico, e moito máis recentemente (1985), Ben de Interese Cultural. No 10 de agosto de 1990, a Delegación Provincial de Cultura e Patrimonio Histórico e Documental de Pontevedra informaba favorablemente a execución do Proxecto Base de Restauración, Acondicionamento e Urbanización do mosteiro de Santa María de Aciveiro; ao ano seguinte, en 1991, a Asociación recibía a súa cesión por parte do Arcebispado de Santiago de Compostela, antes de iniciarse as obras, en 1993, concluídas finalmente no ano 2000. Poñíase así fin a un prolongado período de desolación e de ruína, iniciado en 1835, grazas á restauración do edificio monástico e dos anexos e á súa dedicación a uso hostaleiro, que perdura na actualidade.

Entre tanto, a Asociación daba vida a outro proxecto fundamental, como era o da Escola-Taller Terra de Montes, redactado por un Equipo Técnico, subvencionado polos concellos de Forcarei e de Cerdedo e pola Dirección Provincial do INEM de Pontevedra.

Presentada ante este organismo, no 28 de xullo de 1991, a solicitude de aprobación, a data de terminación prevista das obras das súas dependencias era en decembro de 1994. Os seus alumnos, matriculados en tres módulos –Construción, Carpintería e Xardinería e Medio Ambiente-, colaboraron, ata a extinción da Escola-Taller, nas obras de restauración e de acondicionamento do mosteiro, pero tamén do patrimonio monumental –pontes, fontes, cruceiros, muíños- de Terra de Montes.

Finalmente, a máis recente iniciativa, neste caso de tipo cultural, promovida pola Xunta Directiva da Asociación, co seu Presidente, D. Xosé Luis Barreiro Rivas, a súa fronte, converteu o seu local social, desde o ano 2012 ata o de 2017, na sala de exposición dun total de 49 cadros da colección particular do pintor Xosé María Barreiro Gómez, asinados, entre outros, por E. Granell, Laxeiro, U. Lugrís, Virxilio Blanco, L. Seoane, Torres, J. Seijo Rubio, J. Lodeiro, J. Castillo, L. Novoa, M. Colmeiro, etc.

mostrar